Na Fundación ADECOSE; ofrecemos dous programas de formación dirixidos ao conxunto de profesionais das nosas corretorías asociadas que queiran adquirir coñecementos e ferramentas que poidan poñer en práctica nas súas organizacións. Este ano, como novidade, ao Programa de Desenvolvemento Directivo súmase outro, o Programa de Transformación Dixital.
Programa de Desenvolvemento Directivo
Na Fundación ADECOSE impulsamos un Programa de Desenvolvemento Directivo en colaboración coa Universidade Europea. Este destínase a persoal executivo con potencial e a persoal directivo en exercicio nas corretorías asociadas a ADECOSE.
O obxectivo desta formación é capacitar para a xestión anticipada e adaptada aos cambios mediante o desenvolvemento de habilidades de xestión e administración e a mellora da capacidade de análise e comprensión do ambiente.
As materias cursadas dotarán o alumnado dunha visión global dos negocios e dun dominio das ferramentas estratéxicas e prácticas empresariais de referencia, que poderá aplicar na súa organización. Ademais, a súa carreira profesional enriquecerase grazas ao aumento da capacidade de innovar e emprender, aos coñecementos sobre como organizar equipos e ao apoio dunha rede de contactos ampliada.
Materias cursadas
no Programa de Desenvolvemento Directivo
Estratexia en
Innovación
Finanzas
Lexislación
Vendas e
Marketing
Habilidades Directivas
Opinións de
antigos estudantes
Programa de
Transformación
Dixital
O Programa de Transformación Dixital dirixido a persoal directivo do sector e impartido en colaboración coa escola Afi ofrécelles a oportunidade a todos os directivos das nosas corretorías asociadas de aprender novas tecnoloxías necesarias para optimizar a liña de negocio e impulsar vías de crecemento distintas das súas corretorías.
As materias que oferta o programa céntranse na adquisición dunha visión estratéxica para desenvolver a busca de oportunidades no mundo dixital, coñecer as características principais dos comercios electrónicos e mercados e estar ao tanto das ferramentas para liderar a transformación dixital e o cambio cultural das súas organizacións.